Responsabilidade social
Na organización de Espacio Atlántico considérase que a nosa actividade ten que integrar criterios de sostibilidade e responsabilidade coa contorna, que garanta o menor impacto negativo posible no medio ambiente e responder ás demandas e esixencias da sociedade. Nun compromiso coa cidade de Vigo, destinará unha porcentaxe da entrada cunha finalidade, de forma a conseguir que o beneficio que ten no municipio a celebración deste evento tamén repercuta no ámbito social. A dirección está a estudar cal será o colectivo ao que se destine a cantidade recadada.
A sostibilidade tamén se priorizará nos diferentes ámbitos da feira, primando a utilización de papeis con certificación FSC (procedentes de bosques xestionados de forma responsable) e en imprenta certificada, de modo que poidamos garantir en todo o proceso a cadea de custodia. Tamén se tratará de minimizar a cantidade de material impreso, promovendo a utilización de documentos electrónicos que se atopan dispoñibles na web www.espacioatlantico.com. Todo isto sen renunciar ao bo deseño. Tamén se promoverán accións de conciencia dos expositores e visitantes da feira para conseguir mediante a arte contemporánea unha visión moderna e de futuro do desenvolvemento responsable e acción social.
